Gisele afástase tras un paso virulento pero seguen a choiva, o vento e ata a neve

O temporal deixou dous feridos en Vigo e A Estrada e case 300 incidencias en toda Galicia

Imagen del árbol caído sobre la furgoneta. B.P. 2- A Estrada
photo_camera Imaxe da árbore caída sobre a furgoneta. B.P. 2- A Estrada

Tras o virulento paso de Gisele, Galicia continuará durante o xoves baixo a influencia das borrascas, noutro día marcado polo vento, a choiva e, incluso, a neve en cotas superiores aos 1.000 metros.

Varias alertas estarán activas na comunidade: por precipitacións acumuladas de máis de 40 litros por metro cadrados en zonas da Coruña e Pontevedra; por neve na montaña de Ourense; e en todo o litoral galego por ventos de forza sete. Ademais, a costa de Pontevedra e A Coruña estarán baixo alerta laranxa por ondas de ata sete metros e na Mariña lucense o aviso será amarelo tamén por ondada. 

Este mércores, a borrasca Gisele deixou case 300 incidencias ao seu paso pola xeografía galega con refachos de vento que superaron con fartura os 100 quilómetros por hora. O máximo rexistrouse en Carballeda de Valdeorras con 144 km/h.

O temporal obrigou a suspender actividades ao aire libre e que derrubou árbores, valos publicitarios, moveu contendedores e incluso voou a cuberta dun tellado na localidade do Porriño, así como desprendeu parte dunha fachada na Coruña. Ademais deixou un ferido en Vigo polo desprendemento dunha persiana e outro na Estrada ao caerse unha árbore sobre o coche que conducía.