Ferido grave un neno ao caer desde o tellado dunha fábrica abandonada de Maside

Estaba en compañía doutros amigos, que foron os que alertaron ao 112

Un menor resultou ferido de gravidade este domingo en Maside ao caer desde o tellado dunha fábrica industrial abandonada ao interior da nave. O mozo, que no momento dos feitos atopábase acompañado doutros menores, tivo que ser trasladado nun helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Os feitos sucederon no lugar de Listanco, na parroquia de Armeses, ao redor das 17.10 horas. Nese momento, un dos menores que acompañaba ao mozo que caeu ao interior da fábrica contactou co 112 Galicia para alertar do sucedido.

Foron mobilizados o helicóptero do 061, ademais solicitouse a intervención dos axentes da Garda Civil e dos Bombeiros do Carballiño, que colaboraron na evacuación do ferido ata o helicóptero.