Un operario resultou ferido grave na tarde deste luns ao engancharse cun torno nunha nave industrial do municipio pontevedrés de Tui. Segundo a información da central do 112, o sinistro ocorreu pasadas as 14.00 horas nunha nave industrial do Polígono de Areas, en Tui, cando o operario quedou enganchado no torno que manexaba.
Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros do Porriño, da Policía Local, da Garda Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Tui, asi como persoal sanitario do 061, que trasladou ao ferido.