Ferido o operario dunha orquestra en Bóveda ao caer desde unha altura de catro metros

O suceso tivo lugar na madrugada deste luns nunha zona próxima á casa consistorial
Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)
photo_camera O home foi trasladado ao Hospital de Monforte. TOÑO PARGA (AEP)

Un traballador dunha orquestra resultou ferido na madrugada deste luns logo de caer dun camión desde unha altura de catro metros en Bóveda.

Os feitos sucederon nas proximidades da casa do concello, ao fío das 6:10 horas.

Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do ocorrido e, nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e da Garda Civil.

Finalmente, o operario foi trasladado ao Hospital de Monforte.