Ferido un traballador en Redondela ao quedarlle atrapado un brazo nunha máquina

O suceso tivo lugar nunha factoría de Chapela

Un operario foi liberado na madrugada deste venres tras quedarlle un brazo atrapado nunha máquina cando realizaba limpeza.

Foi o persoal da planta, situada en Redondela, quen se puxo en contacto co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente para o traballador. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias de Galicia, avisouse aos profesionais sanitarios e aos Bombeiros de Vigo para liberar ao traballador dunha empresa de limpeza que tiña o brazo atrapado nunha máquina.

O ferido atopábase traballando nunha factoría da Rúa José Fernández López, en Chapela, onde acudiron tamén os axentes da Policía Local e Nacional para coñecer as circunstancias do suceso.