Cinco feridos ao envorcar un coche na VG 4.8 á altura do cemiterio de Poio
26 de marzo de 2018 (11:12 h.)
O sinistro produciuse ás 06.30 horas da madrugada deste luns
Os cinco ocupantes dun vehículo resultaron feridos este luns de madrugada a altura da localidade pontevedresa de Poio tras sufrir un accidente de tráfico.
O sinistro ocorreu pasados uns minutos das 06:30 horas, segundo informa o 112, que mobilizou aos axentes de Tráfico, aos membros do GES de Sanxenxo e a efectivos de Protección Civil e de mantemento de estradas.
O turismo saíuse da vía e envorcou na VG 4.8, á altura do cemiterio de Poio. Os cinco ocupantes estaban fóra do turismo cando chegaron os efectivos de urxencia e non foi necesario excarceralos.