Cinco feridos ao envorcar un coche na VG 4.8 á altura do cemiterio de Poio

O sinistro produciuse ás 06.30 horas da madrugada deste luns

Zona en la que se produjo el accidente en Poio. GOOGLE MAPS
photo_camera Zona en la que se produjo el accidente en Poio. GOOGLE MAPS

Os cinco ocupantes dun vehículo resultaron feridos este luns de madrugada a altura da localidade pontevedresa de Poio tras sufrir un accidente de tráfico.

O sinistro ocorreu pasados uns minutos das 06:30 horas, segundo informa o 112, que mobilizou aos axentes de Tráfico, aos membros do GES de Sanxenxo e a efectivos de Protección Civil e de mantemento de estradas.

O turismo saíuse da vía e envorcou na VG 4.8,  á altura do cemiterio de Poio. Os cinco ocupantes estaban fóra do turismo cando chegaron os efectivos de urxencia e non foi necesario excarceralos.