Un incendio arrasa unha nave de raticidas en Vilagarcía

O lume afectou as instalacións da empresa Impex Europa

Incendio en una nave industrial en Vilagarcía de Arousa. PROTECCIÓN CIVIL
photo_camera Incendio nunha nave industrial en Vilagarcía de Arousa. PROTECCIÓN CIVIL

Incendio nunha nave en Vilagarcía. LAVANDEIRA JR.Un importante incendio nunha nave industrial no Polígono de Trabanca Badiña, en Vilagarcía de Arousa, arrasou a nave da empresa Impex Europa sen producir danos persoais, segundo informa Emergencias.

O lume orixinouse este sábado ao redor das 11:45 horas e quedou extinguido pasadas as 15.00 horas. Un total de nove dotacións do servizo municipal de urxencias, bombeiros do Salnés e Protección Civil traballaron en sufocar as chamas que calcinaron a nave, dedicada á fabricación de raticidas e insecticidas.

As chamas devoraron as instalacións e a intensa fumareda negra puido verse desde diferentes zonas da localidade.

Por seguridade, segundo informa o 112 Galicia, foron desaloxadas dúas vivendas situadas na parte traseira da nave afectada. Axentes da Policía Nacional, Local e Autonómica estableceron un cordón de seguridade para garantir a protección dos veciños e facilitar os traballos de extinción. Traballadores das empresas lindeiras foron tamén desaloxados e incluso a empresa de transportes Pereira tivo que sacar os autobuses das instalacións. 

Unha vez terminada a intervención dos efectivos de urxencias, os desaloxados puideron regresar ás súas casas. 

Comentarios