lunes. 19.10.2020 |
El tiempo
lunes. 19.10.2020
El tiempo

Fracasan as negociacións entre Alcoa e GFG Alliance para a venda de Aluminio

2020080518461337300
2020080518461337300
Se non hai unha volta atrás ‘in extremis', Alcoa empezará a negociar este luns co persoal en Nigrán un Ere que o comité xa anunciou que non aceptará

O prazo para chegar a un acordo de venda da planta de Aluminio de San Cibrao expirou a medianoite sen que Alcoa e Liberty House chegasen a un acordo, o que condena, á espera dun milagre, a quedar sen traballo a case un milleiro de empregados, entre os da factoría e as auxiliares, e lastra o futuro da Mariña. 

Queda un último cartucho, a reunión telemática que se celebrará este luns entre Alcoa, a Xunta, o Ministerio de Industria, o comité e sindicatos, aínda que teoricamente só é para informar o fracaso da venda. Despois, en Nigrán, Alcoa intentará negociar o Ere cun persoal que xa anunciou que non o aceptará. Os traballadores piden que a fábrica sexa intervida.

EN ALBAS. Toda unha comarca permanecía en albas esperando coñecer o resultado das conversacións coa esperanza de que se obrase un milagre e as compañías chegasen a algún entendemento, pero o prazo expirou sen acordo, sementando a incerteza sobre o futuro económico de A Mariña e de forma máis directa sobre o milleiro de operarios que poden verse na rúa.

Este domingo, como última medida de presión, persoas de toda a comarca, boa parte traballadores co mono de traballo arroupados polas súas familias, incluídos un importante número de nenos, participaron na marcha a pé entre o apeadeiro de Feve e a Praza de Xove, xunto ao consistorio onde pasaron a noite anterior unha representación dos traballadores (do mesmo xeito que en Viveiro). 

Fracasan as negociacións entre Alcoa e GFG Alliance para a venda de...
comentarios