O frío asoma a patiña este sábado en Galicia

O luns producirase un cambio máis brusco, xa que o termómetro baixará de forma significativa

Día de sol. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Día de sol. BRAIS LORENZO (EFE)

Galicia continuará este sábado con influencia anticiclónica, con entrada de aire frío en altura polo que aumentará a inestabilidade atmosférica. O cambio máis importante producirase o luns, cando o termómetro baixará de forma brusca.

Así, os ceos quedarán pouco nubrados ou despexados, con formación de nubes de evolución ao longo da tarde que poderían deixar chuvascos localmente tormentosos.

As temperaturas continuarán sen cambios significativos. O vento soprará frouxo de dirección variable, con réxime de brisas na franxa costeira.

LUNS. Unha onda de frío polar chegará a Galicia o vindeiro luns, cando as temperaturas baixarán de forma significativa. Despois dos últimos días de calor, haberá que recuperar as pezas de abrigo xa que se espera, incluso, que neve a próxima fin de semana.

Aínda así, as previsións a tan longo prazo poden variar.