A concursante galega de Operación Triunfo foi a gran triunfadora da gala 1. Aos bos comentarios que o xurado realizou da súa interpretación sumouse a ledicia de ser a bendicida co apoio da audiencia. Eva Barreiro foi a favorita do público e obtivo o privilexio de poder elixir con quen cantará a próxima semana. Escolleu a Flavio.
¡EVA es la FAVORITA del público esta semana! ✨ Además, se ha librado de la nominación del jurado, por lo que tendrá el PRIVILEGIO de ELEGIR CON QUIEN CANTA la próxima semana 😍 ¡Felicidades! #OTGala1 pic.twitter.com/d5wSGAjSVS
— Operación Triunfo (@OT_Oficial) January 19, 2020
A sadense foi unha das encargadas de romper o xeo no estudio e foi a primeira en cantar a dúo con Nick o tema Little Talks. A súa actuación recibiu unha moi boa crítica da cantante Natalia Jiménez. "Eva, saícheste na interpretación, e Nick tamén, o fixeches moi ben. Destes unha gran actuación, era o que me esperaba", dixo, aínda que el terminou a noite como nomeado, xunto a Ariadna.
👋 Ya podéis volver a ver en nuestro CANAL 24H 🔴 “LITTLE TALKS” de @monstersandmen cantada por NICK y EVA 👉 https://t.co/GN2gQHBRvQ #OTGala1 pic.twitter.com/8vgHCzNSaJ
— Operación Triunfo (@OT_Oficial) January 19, 2020
ASÍ É EVA. Barreiro, que está a cursar segundo de Arte Dramática en Vigo, traballou temporalmente como monitora de tempo libre e realizando birlos para a Televisión de Galicia (TVG). Os seus coñecementos de música son autodidactas. Gústalle escoitar a Michael Jackson, Stevie Wonder e Phil Spector, entre outros.
Para referirse a si mesma, usaría os adxectivos "rara, expresiva e alegre". De pequena quería ser actriz ou astronauta. Podería dar unha conferencia sobre o cativerio das orcas, que é un tema sobre o que está moi concienciada, ou sobre Michael Jackson.
Afeccionada ao cinema clásico, asegura que lle gustaría "respirar baixo a auga" porque fai natación sincronizada . Ten moitísima fobia ás marionetas, ata o punto de ter ganas de vomitar se as ve; "mesmo se alguén mete a súa man nun calcetín".