Galicia abandona a situación de nova normalidade

Roza os 800 casos activos
Un test de detección del coronavirus. ARCHIVO
photo_camera Un test de detección del coronavirus. ARCHIVO

Galicia abandonou a situación de nova normalidade polo covid-19, a que determina ter menos de 25 casos por cada cen mil habitantes a dúas semanas, e sitúase en risco baixo tras alcanzar os 28,68 casos, nunha xornada na que os infectados na comunidade por esta enfermidade alcanzan os 798, 53 máis que un día antes.

A incidencia acumulada a dúas semanas subiu 4,7 puntos desde o pasado sábado, últimos datos coñecidos ata onte luns, cando o Ministerio de Sanidade actualizou a información.

Galicia continúa sendo a comunidade con menos afectación nun contexto de subida xeneralizada na que a media de España aumentou 4,8 puntos desde o sábado, ata os 58,57 casos por cada cen mil habitantes a dúas semanas.

Durante as últimas 24 horas en Galicia detectáronse 74 novos contaxios, 20 máis que un día antes, e segundo o Servizo Galego de Saúde, ata as 18 horas do luns había na comunidade 39 persoas hospitalizadas por esta enfermidade, dez delas en unidades de críticos, unha máis que o día anterior; e 29 en planta, unha menos.

Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 183.769 persoas, das que se curaron 180.350 e faleceron 2.655, dúas delas nas últimas horas tras cinco días sen vítimas mortais.

Por áreas sanitarias, a de A Coruña chega aos 200 casos activos por primeira vez desde o pasado 1 de outubro, tras detectar 13 novos contaxios nun día, un máis que o día anterior; mentres que a de Ourense tamén se achega ao limiar dos 200 casos (195), 11 máis que un día antes, con 16 novos positivos detectados, trece máis.

O ascenso tamén déixase notar en Vigo, que chega a 116 casos, 15 máis, tras 17 novos contaxios detectados, seis máis.