Galicia, segunda comunidade que máis xera enerxía eléctrica a partir das renovables

Só por detrás de Castela e León, achega case un 16% á produción nacional
Un parque eólico
photo_camera Un parque eólico

Galicia achega o 15,81% á produción nacional de enerxía eléctrica a partir das renovables, segundo a comparativa do Balance Eléctrico de Estremadura, con datos de Rede Eléctrica Española.

Castela e León, co 20,77 por cento, lidera o ranking, seguida de Galicia (15,81%), Andalucía (13,82%) e Castela-A Mancha (11%).

Estremadura e Castela e León foron as únicas comunidades autónomas cuxa produción de enerxía eléctrica procedente de fonte renovable superou a súa demanda durante 2015,

Segundo estes datos, a cobertura da demanda eléctrica de Castela e León con renovables situouse no 146,36 por cento e a de Estremadura en 104,26 por cento, seguida de Castela-A Mancha, co 92,55 por cento, mentres que Madrid (1,33%), Baleares (2,24%) e País Vasco (4,68%) ocupan os últimos lugares neste ranking.

Durante 2015, Castela e León produciu 20.128 gigavatios/hora (gwh) de enerxía eléctrica con orixe renovable fronte a unha demanda eléctrica de 13.752 gwh, mentres que Estremadura produciu 5.014 gwh e demandou 4.809 e Castela-A Mancha produciu 10.715 gwh e necesitou 11.567.

No caso de Castela e León, a maior parte da enerxía eléctrica renovable procede da eólica, cunha produción de 11.080 gwh, e a hidráulica (7.952 gwh), mentres que en Estremadura foi a solar termoelétrica (2.038 gwh), a hidráulica (1.612) e a fotovoltáica (1.111 gwh).

No conxunto de España, a demanda de enerxía eléctrica ascendeu en 2015 a 262.931 gigavatios/hora (gwh), dos que 96.883 gwh foron cubertos con fontes renovables, o que supón o 36,85 por cento.

A produción neta de enerxía eléctrica en 2015 foi de 267.584 gigavatios/hora, con Cataluña (16%), Andalucía (13,3%), Castela e León (11,67%), Galicia (11%), Castela-a Mancha (8%) e Estremadura (7,89%), como principais aportadoras.

Respecto á orixe da enerxía eléctrica xerada o pasado ano, o 63,79 por cento procedeu de fontes non renovables (nuclear, cogeneración, carbón, fuel/gas, ciclo combinado e residuos)e o 36,21 por cento de renovables (solar, termoeléctrica, fotovoltáica, hidráulica, biomasa eléctrica, biogas, hidráulica mariña, geotérmica, eólica e hidroeléctrica).

En canto á CCAA que máis enerxía eléctrica demandaron foron Cataluña, co 17,7% do total, Andalucía (14,7%), Madrid (10,9) e Comunidade Valenciana (10,1%), mentres que Ceuta e Melilla (0,08%); A Rioxa (0,65%), Cantabria (1,60%) e Estremadura (1,83) e Navarra (1,84) foron as que menos consumiron.

Pola súa banda, Asturias foi a que máis enerxía eléctrica per cápita demandou en 2015, con 9,91 megawatt/hora (mwh), mentres que os ceutíes e melillenses foron os que menos, con 2,49 e 2,43 mwh.

Cataluña (20,58%), Andalucía (13%) e Estremadura (9,42%), son as as CCAA que máis achegaron á produción nacional de enerxía eléctrica de fonte non renovable en 2015, sobre todo pola achegada con orixe nuclear, que no caso catalán foi do 42,60 por cento do total nacional e do 29,35 por cento no caso estremeño.

O balance tamén recolle que as cidades autónomas de Ceuta e Melilla e as CCAA de Baleares e Canarias son a que teñen unha porcentaxe superior ao 90 por cento en canto á orixe non renovable da súa produción de enerxía eléctrica, mentres que no lado oposto, Navarra, co 70 por cento, Castela e León (64,4%) e A Rioxa (64,2), encabezan o ranking das que teñen nas fontes renovables a súa maior produción.

Comentarios