Galicia levántase a baixo cero e o xeo fai extremar as precaucións na estrada
Manzaneda vólvese a conxelar a -10º ► O litoral tampouco se libra do frío con temperaturas de -0º en Foz ou A Lanzada
A comunidade galega amenceu este xoves a temperaturas baixo cero, excepto nalgunhas localidades costeiras. Outras, como Foz, A Lanzada ou Boiro se rexistraron temperaturas de menos de 0º.
Durante esta xornada a neve cederá o protagonismo, que ocupou durante os últimos días, ao xeo e ao frío. Por iso, haberá que manterse a alerta durante as nosas viaxes por estrada polo risco que supón circular con estas fortes xeadas.
A mínima a nivel galego anotouse no municipio de Manzaneda, con -10º. Segundo informa Meteogalicia, os valores mínimos corresponderon ás localidades ourensás da Veiga (-9,6ºC) e Carballeda de Valdeorras (-9,5ºC) e á lucense de Pedrafita do Cebreiro (-7,3ºC).
En canto ás localidades con altitude menor de 900 metros, a mínima correspondeu a Calvos de Randín (Ourense), con -9,3ºC. O resto de mínimas rexistráronse en localidades da mesma provincia como Baltar (-7,1ºC), Verín (-7ºC), Viana do Bolo (-5,4ºC) e Xinzo de Limia (-5,4ºC).
Con respecto ao resto do día, espérase unha xornada de transición con aumento da nebulosidade cara á noite e temperaturas suaves. A fin de semana preséntase gris coa chegada das choivas.