Galicia pide a Hacienda que lle desbloquee 295 millóns para reforzar o gasto social

Feijóo esixe por carata á ministra o ingreso de 170 millóns por ser comunidade cumpridora e vía libre para investir outros 125 do superávit

Alberto Núñez Feijóo, en el Parlamento. PEPE FERRÍN (AGN)
photo_camera Alberto Núñez Feijóo, no Parlamento. PEPE FERRÍN (AGN)

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remitiu o pasado 27 de febreiro unha carta á ministra de Hacienda, María Jesús Montero, na que pide medidas para desbloquear case 300 millóns que o Executivo galego quere destinar, polo menos en parte, a reforzar as súas políticas sociais.

Son, por unha banda, 125 millóns do seu propio superávit, xa que en 2018 logrou pechar un exercicio con máis ingresos que gastos por primeira vez en 16 anos. E despois estarían outros 170 millóns como incentivo por facer os deberes a nivel contable.

O presidente galego exhibiu este mércores a misiva enviada a Madrid na sesión de control na que o PSdeG lle reclamaba máis belixerancia á hora de esixir transferencias para Galicia, tendo en conta que en dez anos non asinou "ningunha". Con todo, o presidente está máis polo labor de reclamar ao Estado diñeiro e instrumentos para investilo en lugar de competencias. "Iso é autogoberno; o resto son discursos", afirmou.

Comentarios