Galicia rexistra 666 contaxios nun día pero baixan os hospitalizados

Os casos activos reducíronse pero seguen por encima dos 10.000
Un profesional sanitario baja de una ambulancia en camilla a un paciente con covid-19. CARLOS CASTRO (EUROPA PRESS)
photo_camera Un profesional sanitario baixa dunha ambulancia en padiola a un paciente con covid-19. CARLOS CASTRO (EUROPA PRESS)
 Semáforo

A comunidade galega rexistrou 666 contaxios nun día (deles, 639 a través de PCR). A xornada anterior foran 685.

Os últimos rexistros de vinte e catro horas indican que son 10.276 os pacientes con infección activa, 80 menos que no anterior reconto, e as mortes subiron a 976, sete máis que as comunicadas a pasada tarde.

Nos hospitais hai 495 persoas ingresadas, polo que decrece a presión asistencial en 98 persoas. En Uci son 84, un paciente menos, e en planta 411, 97 menos.

Os curados son 29.955, 579 máis, e as PCR realizadas ascenden a 730.777, 7.976 máis; mentres que as serolóxcas son 405.494, 1.001 máis.

Por áreas sanitarias, a de Vigo conta con 2.530 pacientes con infección activa (55 máis) e 165 novas infeccións detectadas (11 máis); a de Ourense contabiliza 1.096 (35 menos) e 54 novos contaxios (6 menos); e a de A Coruña mostra 1.886 (55 máis) e 135 novos contaxios (18 menos).

Pontevedra ten 1.229 casos activos (35 máis) e 75 novos contaxios (17 menos) e Ferrol 1.089 casos activos (29 menos) e 40 infeccións diarias (18 menos).

A área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza presenta 1.289 pacientes con infección activa (49 menos), e 71 novos contaxios (10 menos); mentres que Lugo ten 1.157, 48 máis, e 99 contaxios nun día (8 menos).

Comentarios