Galicia rexistra o menor número de novos contaxios desde o 4 de abril

Hai 31 pacientes críticos en Galicia
Prueba PCR a una mujer en un coche. EFE
photo_camera Proba PCR a unha muller nun coche. EFE

Galicia rexistrou 89 novos contaxios por coronavirus nas últimas horas, 34 menos que o día anterior, e o menor número de novos infectados desde o pasado 4 de abril.

O número de persoas que están a pasar a enfermidade descende ata as 2.553, 71 menos que un día antes, nunha xornada na que volve descender a presión asistencial.

Segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas), ata as 18.00 horas do luns había nas unidades de críticos 31 pacientes de covid-19, un menos; mentres que en planta había 109 persoas, tres menos máis, que deixan en 140 o número total.

Nas últimas horas, ademais, notificouse un deceso por covid-19, polo desde o inicio da pandemia faleceron en Galicia 2.412 persoas. 

Durante este tempo superaron a enfermidade 121.172 persoas e infectáronse 126.112. 
A taxa de positividade segue controlada e baixa ao 1,57%, tras 4.768 probas PCR nas últimas horas.

Desde o inicio da epidemia efectuáronse en Galicia un total de 2.217.514 destas probas, ademais doutras 959.905 serológicas. 

Por áreas sanitarias, Vigo logrou baixar dos 800 casos activos (776) desde o 22 de abril, tras 14 novos contaxios, 19 menos que o día anterior; mentres que A Coruña baixa de 500 casos activos (487), tras 9 contaxios novos, un menos que un día antes.

A área de Santiago de Compostela rexistra 457 infectados, catro máis, co mesmo número de contagios que o día anterior (21). 

O resto de áreas mantéñense estables, con tendencias á baixa nas de Ourense e Pontevedra; lixeiramente á alza na de Lugo e estancada en Ferrol.