Galicia supera por segundo día consecutivo os 100 contaxios

Suma 907 infectados por covid
Una enfermera hace un test rápido a un hombre para ver si es portador del coronavirus. EFE/Marcial Guillén
photo_camera Una enfermera hace un test rápido a un hombre para ver si es portador del coronavirus. EFE/Marcial Guillén

Galicia detectou nas últimas 24 horas máis de cen contaxios por covid-19 por segundo día consecutivo (104) e eleva o número de infectados na comunidade a 907, 63 máis que o día anterior.

A incidencia acumulada a catorce días subiu ata os 31,5 casos por cada cen mil habitantes, case tres puntos máis que o luns, segundo os datos divulgados este mércores polo Ministerio de Sanidade, o que mantén á comunidade en risco baixo.

gal

O alza dos últimos días na pandemia vaise notando aos poucos nos hospitais e, segundo o Servizo Galego de Saúde, ata as 18 horas deste mércores había na comunidade 46 persoas hospitalizadas por esta enfermidade; once delas en unidades de críticos, unha menos que o día anterior, e 35 en planta, cinco máis.

Desde o inicio da pandemia contaxiáronse en Galicia 183.973 persoas, das que se curaron 180.445 e faleceron 2.655, ningunha delas nas últimas horas.

Por áreas sanitarias, a de strong<> A Coruña segue liderando a alza en casos activos (248); mentres que a de Ourense está á cabeza en detección de novos contagios, 41 nas últimas 24 horas, 21 máis que un día antes.