A Garda Civil investiga a un pastoricense por privar de auga aos seus veciños

O home habería esnaquizado a canalización de auga da que se abastecían os seus veciños.

A Garda Civil ha imputado en calidade de investigado a un veciño da Pastoriza, de 46 anos, como suposto autor dun delito de danos, por esnaquizar a canalización de auga da que se abastecían os seus veciños.

Segundo informou a Benemérita nun comunicado, o suposto autor das desfeitas foi imputado o pasado 27 de novembro.

Os danos ocasionados na canalización de auga, que atravesaba unha leira recentemente comprada polo investigado, ascenden a 3.000 euros.

A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.