Goberno e Xunta aumentan axudas ás vítimas de violencia de xénero

Este aumento responde o volume de solicitudes presentadas por mulleres, segundo indica o ente autonómico

El teléfono gratuito para atender a las víctimas de la violencia de género.
photo_camera O teléfono gratuíto para atender ás vítimas da violencia de xénero.

O Goberno central e a Xunta de Galicia anunciaron este mércores senllos incrementos dos orzamentos de programas para axudar ás vítimas da violencia de xénero.

O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, indicou que o Executivo central achegará 8,5 millóns de euros adicionais, dos cales 8 millóns de euros como parte do pacto estatal contra a violencia de xénero e 0,5 millóns de euros para asistencia social, desenvolvemento de plans e apoio a vítimas.

Losada, reuniuse co vogal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia Ignacio Picatoste para tratar de reforzar a coordinación na asistencia a mulleres vítimas da violencia machista.

Por outra banda, A Xunta publicou este mércores oficialmente un incrementa de preto dun millón de euros adicionais para axudas a mulleres vítimas da violencia de xénero, que se suma aos tres millóns de euros xa consignados nos orzamentos autonómicos.

A Xunta indicou que o aumento responde o volume de solicitudes presentadas por mulleres e sinala que as beneficiarias poden percibir axudas de 300 a 800 euros ao mes, en función dos seus ingresos, do número de fillos menores a cargo e de se teñen algunha discapacidade, por un período máximo de doce mensualidades

Comentarios