Gravan un grupo de 150 golfiños mulares nadando xuntos polas Rías Baixas

O achado do BDRI é "sorprendente" porque normalmente van en grupos de 8 a 15 exemplares

Los delfines grabados en las Rías Baixas. BRDI
photo_camera Os golfiños gravados nas Rías Baixas. BRDI

O Instituto para o Estudo dos Golfiños Mulares (BDRI), con sede no Grove, captou a un grupo de 150 golfiños mulares nadando xuntos nas Rías Baixas, concretamente a unhas millas da Illa de Ons.

"Cada avistamento dun grupo de golfiños provoca un sorriso e os últimos días foron incribles grazas ás condicións metereológicas e aos avistamentos. Un exemplo diso é o avistamento onte dun supergrupo de golfiños mulares de máis de 150 exemplares varias millas fóra da illa de Ons. En xeral o tamaño medio dos grupos de golfiños mulares en Galicia oscila entre os 8 e 15 exemplares sendo este grupo máis de 10 veces maior", explica o instituto nunha publicación de Facebook.

Comentarios