Ferido un condutor tras precipitarse por un terraplén en Carballeda

O sinistro tivo lugar na estrada que une a vila co núcleo de Sobradelo

Os servizos sanitarios de urxencias trasladaron a un centro hospitalario a unha persoa que sufriu un accidente tras precipitarse por un terraplén co vehículo que conducía no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras.

Segundo recolle o parte do 112, o sinistro tivo lugar sobre as 14.45 horas na estrada que une o núcleo de Carballeda co lugar de Sobradelo.

A Central de Atención ás Emerxencias solicitou a intervención dos membros do GES de Valdeorras e dos axentes de Tráfico, tras recibir a alerta do persoal sanitario. 

Comentarios