Un home morre nos calabozos de Vigo tras sufrir un paro cardíaco

Fora detido en Redondela por causar "problemas na vía pública" e enfrontarse aos axentes "de forma moi agresiva"

Comisaría de la Policía Nacional en Vigo. GOOGLE MAPS
photo_camera Comisaría da Policía Nacional en Vigo. GOOGLE MAPS

Un home de 51 anos de idade faleceu este sábado nos calabozos da comisaría da Policía Nacional de Vigo tras sufrir un paro cardíaco, segundo informou a Policía Nacional.

O falecido fora arrestado pola Policía Local de Redondela porque "estaba a causar problemas na vía pública, enfrontándose aos axentes de forma moi agresiva", polo que foi trasladado á PAC antes de ir aos calabozos.

Unha vez atendido, foi levado á comisaría da Policía Nacional e realizáronse as dilixencias correspondentes, pero "visto que o estado de agresividade non remitía, solicitouse a presenza nos calabozos dos servizos sanitarios".

O servizo de seguridade dos calabozos observou que o detido non se atopaba ben, así que se solicitou a presenza do persoal médico de novo, momento en que o arrestado "sufriu un paro cardíaco e do que durante 30 minutos intentaron reanimarlle os servizos sanitarios, sendo infrutuosos todos os intentos, producíndose o falecemento do home seguidamente", segundo relatan fontes da policía nacional.

A morte foi comunicada ao xulgado de garda, que determinou a presenza do médico forense.

O cadáver foi conducido ao Hospital Nicolás Pena para practicarlle a correspondente autopsia.