Un home prende lume á súa vivenda en Paderne tras unha discusión co seu fillo

Os dous necesitaron asistencia médica polas queimaduras

Casa de Paderne afectada por el incendio. CRTVG
photo_camera Casa de Paderne afectada o incendio. CRTVG

Un home prendeu lume na tarde do mércores á súa vivenda no municipio de Paderne tras unha discusión co seu fillo menor de idade, segundo informaron fontes próximas ao caso. Os feitos tiveron lugar sobre as 16.45, no lugar de Gas, á altura do número 33. Tanto o pai como o fillo resultaron feridos leves por queimaduras —o menor foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña e o proxenitor ao momento de Atención Continuada do municipio—, mentres o lume na vivenda puido ser sufocado. 

Foron avisados o 061, a Garda Civil, Bombeiros de Betanzos Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, segundo informa o 112.  Pola súa banda, un equipo da Policía Xudicial de Betanzos traballa no caso e intenta esclarecer as causas que rodean a este suceso.

LUME NUNHA VIVENDA NA CORUÑA. Noutra orde de cousas, ás 4.00 horas da madrugada deste xoves declarouse un incendio nunha vivenda da Avenida de Finisterre, na cidade da Coruña, informa o 112. Ningún dos cinco membros da familia —dous adultos e tres menores— necesitaron ser trasladados, con todo, si foron atendidos polos profesionais sanitarios no mesmo lugar dos feitos debido á inhalación do fume provocado polo lume. 

Comentarios