Hospitalizada unha mariscadora tras sufrir unha caída nunhas rocas en Baiona

Rescate mariscadora. TWITTER.
A muller foi trasladada en helicóptero ao Hospital Álvaro Cunqueiro
Unha mariscadora tivo que ser trasladada de urxencia este luns ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras sufrir unha caída nunha zona rochosa de Baiona.

O accidente tivo lugar na zona do rompeolas da estrada Baiona-A Guarda pouco logo das 9:30 desta mañá, momento en que un particular alertou ao 112 Galicia.

O 112 púxose contactou co servizo de Gardacostas de Galicia, que foi quen se fixo cargo do traslado da muller a bordo dun helicóptero.

Ademais, o Centro Integrado de Atención ás Urxencias mobilizou a Salvamento Marítimo, ao GES do Val Miñor, á Garda Civil e á Policía Local, e puxo en aviso, por se fose necesaria a súa intervención, aos Bombeiros do Baixo Miño e Vigo, e a Protección Civil do Val Miñor.