Ibrahima Ndiaye: "Non teño puta idea desta merda que está montada; son inocente"

O senegalés senta no banco polo crime de Tatiana Vázquez

Ibrahima Ndiaye, a su llegada a la Audiencia Provincial. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Ibrahima Ndiaye, á súa chegada á Audiencia Provincial. VITORIA RODRÍGUEZ

Ibrahima Ndiaye chegou á Audiencia Provincial de Lugo, onde será xulgado polo crime de Tatiana Vázquez, entre unha gran expectación mediática. "Inocente, inocente. Non teño nin puta idea de toda esta merda que está montada". Esas foron as palabras do único acusado polo asasinato da moza de 24 anos nacida en Castro de Rei, quen dixo que estaba "tranquilo" de face á vista, na que están presentes o pai, a nai e o irmán da vítima, acompañados de familia e veciños.

Seis homes e seis mulleres conforman o xurado, tras a selección que se fixo este martes. Varios dos candidatos recoñeceron que non ven capacitados ou expuxeron roblemas persoais. Algúns dos elixidos, de feito, recoñeceron que non se consideran capacitados para xulgar, a pesar do que foron seleccionados.

Pola súa banda, a nai de Tatiana Vázquez declarouse "aliviada" co inicio do xuízo". "Creo que o culpable é el, non teño ningunha dúbida", afirmou.

"Creo que o culpable é el, non teño ningunha dúbida", afirmou a nai de Tatiana Vázquez

Ibrahima Ndiaye, senegalés de 33 anos, senta no banco dos acusados como suposto autor do asasinato da moza que apareceu morta no seu coche nunha rúa solitaria de Sanfiz o 9 de abril de 2016. O corpo presentaba 54 feridas de arma branca, un aspecto que enseguida fixo pensar nun crime pasional e dirixiu a atención dos investigadores sobre o seu entón parella, Ndiaye, que foi detido ao día despois.

► Estas son as claves do xuízo

 

Comentarios