martes. 13.04.2021 |
El tiempo
martes. 13.04.2021
El tiempo

Identifican de madrugada a oito persoas dentro dun local en Ourense

Imagen de una barra de bar cerrada. BRAIS LORENZO (EFE)
Axente da Policía Local. EFE
Os suxeitos foron descubertos ás 3:25 da madrugada por axentes da Policía Local que se atopaban de patrulla

Axentes da Policía Local identificaron a pasada madrugada a oito persoas, sete clientes e o propietario dun bar, no interior dun establecemento de hostalería, incumprindo as restricións decretadas durante a pandemia. 

Segundo informou a xefatura local, ás 3:25 da madrugada deste mércores, axentes da Policía Local que se atopaban de patrulla, escoitaron ruídos e observaron luz no interior dun local situado na rúa Fernández Alonso da capital, que tiña a persiana baixada. 

En colaboración con axentes da Policía Nacional, localizaron a sete persoas no interior que se atopaban bebendo e fumando, algún deles sen máscara

Por este motivo, os axentes tramitaron varias actas de infracción contra os clientes e o responsable do establecemento, por atoparse xuntos non convivientes -en Ourense está prohibido reunirse persoas que non viven baixo o mesmo teito- e incumprir o horario de peche, consumir no interior do local. 

Tamén foron denunciados por non levar máscara e fumar no interior do local.

Identifican de madrugada a oito persoas dentro dun local en Ourense
comentarios