Imputado por lanzar bombas que provocaron un incendio en Teo

O lume comezou en Recesende e queimou 6.000 hectáreas despois de que presuntamente as lanzase dun xeito imprudente

Un home foi detido como sospeitoso da autoría dun incendio forestal no municipio coruñés de Teo tras lanzar artefactos pirotécnicos durante as festas desa localidade, informou a Policía Autonómica.

Nun comunicado, a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza sinala que o lume se produciu o pasado 31 de xullo no lugar de Recesende, despois de que o individuo lanzase presuntamente de forma imprudente bombas de palenque.

Os restos deses artefactos xeraron un incendio que arrasou uns 6.000 metros cadrados de monte raso e foi necesaria a intervención os servizos de extinción de incendios da Xunta para extinguir as chamas.

As dilixencias do asunto foron remitidas ao Xulgado de garda de Santiago de Compostela, sinala a nota, e indica que desde principios de ano foron detidas un total de 44 persoas como sospeitosas de provocar incendios forestais.

Comentarios