O incendio que calcinou as termas da Chavasqueira foi provocado

Os investigadores proseguen coas pescudas para identificar ao posible autor

Incendio en A Chavasqueira. TWITTER
photo_camera O lume arrasou a estrutura de madeira da Chavasqueira, en Ourense. TWITTER

A investigación aberta pola Policía Nacional en relación o incendio que calcinou as instalacións de madeira das termas da Chavasqueira en Ourense apunta a un lume intencionado. 

Así o confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, que sinalaron que os investigadores proseguen coas pescudas para identificar e deter ao presunto autor dos feitos

A Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) da Policía Nacional continúa coa análise das probas e indicios solicitados para elaborar o informe sobre as causas do incendio que o pasado mércores 24 de abril calcinou as instalacións de madeira nas termas da Chavasqueira. 

Este luns cans especialistas en incendios procedentes da Unidade de Guías Caninos chegados de Madrid inspeccionaron as instalacións termais queimadas polo lume do pasado 24 de abril. 

A Policía Nacional de Ourense contou tamén nesta investigación coa colaboración de compañeiros da Policía Científica procedentes de Madrid. 

Deste xeito, a Policía Nacional segue traballando para elaborar o informe definitivo sobre as causas do incendio que na madrugada do pasado mércores 24 de abril calcinou as instalacións de madeira nas termas da Chavasqueira. 

Comentarios