Un lume nunha locomotora en Ribadavia obrigou a cortar a liña Ourense-Vigo

Non houbo feridos

Una vía de tren. AEP
photo_camera Unha vía de tren. AEP

O incendio que se orixinou este martes no tramo da vía férrea comprendido entre Ribadavia e Filgueira, na provincia de Ourense, afectou a unha locomotora que circulaba soa e que ía camiño do taller de Redondela, segundo informaron a Efe fontes de Renfe.

O lume afectou a unha locomotora e non a dúas, como nun principio se informou desde a central que coordina a atención ás emerxencias que se producen en Galicia.

Os operarios traballan na reparación da catenaria para que se poida restablecer o tráfico ferroviario ao longo da mañá, xa que foi necesario cortar a electricidade para proceder aos traballos na vía.

Non hai que lamentar danos persoais, posto que as locomotoras estaban baleiras no momento en que se iniciou o lume, xa extinguido.

Pasados uns minutos das 7.30 horas da mañá, persoal de ADIF alertou ao 112 Galicia do incendio. Indicaron que ardía unha locomotora na vía férrea pero descoñecían si había persoas afectadas. Así, nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron en alerta ás 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros do Carballiño e ao GES de Ribadavia, que enseguida se desprazaron ao momento. Ademais, informouse da situación á Garda Civil.

Comentarios