Un incendio queima unha nave de reciclaxe en San Cibrao das Viñas

O lume orixinouse ás 12.00 horas

Un incendio afectou este domingo a unha nave de reciclaxe en San Cibrao das Viñas (Ourense). O lume arrincou ás 12.00 horas e quedou extinguido dúas horas e media despos, tras a intervención dos bombeiros de San Cibrao das Viñas, os Bombeiros de Ourense e membros do Grupo de Urxencias Supramunicipal de Pereiro de Aguiar, que controlaron o incendio.

As chamas causaron importantes danos materiais, aínda que non houbo que lamentar feridos.

Comentarios