Declarados dous incendios forestais no parque natural do Invernadoiro, en Ourense

Os lumes afectan a territorio pertencente a Vilariño de Conso

Dous incendios forestais activos afectan este mércores ao parque natural do Invernadoiro, na localidade de Vilariño de Conso e, segundo as primeiras estimacións, afectan a 5 e 1,5 hectáreas, respectivamente.

A Consellería de Medio Rural informou na súa conta oficial de Twitter destas chamas na mencionada zona, onde traballan brigadas e medios aéreos nunha situación difícil polas condicións meteorolóxicas de calor, segundo sinalaron fontes dos equipos de extinción.

Estes episodios comezaron dez minutos logo das catro da tarde, sinala a Xunta na nota, e comunica que no lugar operan un técnico, catro axentes, trece brigadas, catro motobombas dúas pas, nove helicópteros e catro avións.

Medio Rural recorda que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085 en caso de detectar algunha incidencia destas características.

Dezasete provincias de nove comunidades autónomas están este mércores en alerta amarela por risco de tormentas e só Ourentes por altas temperaturas, informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). 

Comentarios