Dous incendios en Nogueira de Ramuín e Muíños calcinan máis de 160 hectáreas

Neste último as chamas afectan o parque natural do Xurés, logo dos lumes que xa devastaran parte do patrimonio natural da zona en 2017 e 2018

Labores de extinción en el incendio registrado en Nogueira de Ramuín. BRAIS LORENZO (EFE)
photo_camera Incendio de Nogueira de Ramuín. TWITTER

A provincia de Ourense rexistra a mañá deste venres dous incendios forestais activos nos municipios de Nogueira de Ramuín e de Muíños. Neste último as chamas afectan o parque natural do Xurés, logo dos lumes que xa devastaran parte do patrimonio natural da zona en 2017 e 2018. 

Segundo as estimacións da Consellería do Medio Rural, o incendio forestal que afecta á parroquia de Santo Estevo de Ribas de Sil, no municipio ourensán de Nogueira de Ramuín, afecta a unha superficie que supera as 150 hectáreas. 

Otro en nogueira de ramuín https://t.co/UPoPCwXlGc

— Incendios galicia (@Marc63098456) 4 de outubro de 2018

En todo caso, o mosteiro de Santo Estevo de Ribal de Sil e os núcleos de poboación non perigan, segundo informou a Europa Press o alcalde, José César Parente. 

Este lume iniciouse sobre as 21.10 horas do xoves en tres puntos distintos e na súa extinción traballan dous técnicos, seis axentes, 16 brigadas, 12 motobombas, unha pa, dúas helicópoteros e un avión. 

En relación ao outro incendio activo na provincia de Ourense, rexístrase na parroquia de Prado de Limia, do concello de Muíños e afecta o parque natural do Xurés. O lume iniciouse tamén a noite do xoves sobre as 22.05 horas e afecta a 17 hectáreas. 

Nos labores de loita contra as chamas traballan cinco axentes, 12 brigadas, tres motobombas e dous helicópteros, segundo os datos facilitados pola Consellería do Medio Rural. 

VERÍN E CERDEDO-COTOBADE. Dous novos incendios atópanse activos na tarde deste venres en Galicia, cun lume declarado en Verín, nas inmediacións da autovía A-52, e outro en Cerdedo-Cotobade. Polo momento, a Consellería de Medio Rural informou de que non existe estimación de superficie afectada nestes dous novos lumes. 

En Verín, o lume declarouse activo ás 17.11 horas, na parroquia de Ábedes.

Aínda que nun principio provocou "moito fume", polo momento non foi necesario pechar ao tráfico a autovía, sinala Medio Rural. Con todo, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) avisa de que a visibilidade é "reducida" polo po con circulación irregular entre os quilómetros 155 e 156. 

Traballan, entre outros medios, catro helicópteros, dous avións, cinco motobombas e nove brigadas. 

Pola súa banda, en Cerdedo-Cotobade, o lume está activo desde as 16.53 horas na parroquia de San Xurxo de Sacos, con diversos medios desprazados ao lugar. 
 

Comentarios