Interveñen películas porno que se vendían á beira do material escolar en Marín

Estaba ao alcance de menores de idade
Material pornográfico intervenido. GUARDIA CIVIL
photo_camera Material pornográfico intervido. GARDA CIVIL

A Garda Civil interviu na localidade pontevedresa de Marín máis dun centenar de películas de contido pornográfico que estaban á venda nun bazar ao alcance de menores de idade e, de feito, próximas ao material escolar. 

Os axentes detectaron esta situación no transcurso dunha inspección rutineira a un bazar de Marín, onde localizaron, nuns andeis de fácil acceso a calquera persoa, un lote de 104 películas de contido pornográfico "perfectamente diferenciadas polas súas portadas". 

Os efectivos da Garda Civil observaron que os responsables do establecemento público tiñan situadas as películas xunto a outros artigos de material escolar "e cunha disposición no seu conxunto á vista de calquera persoa, incluso ao alcance de menores de idade". 

Por tales motivos informouse o encargado de que se levantaban dúas actas-denuncia por sendas infraccións administrativas: unha delas á lei que prohibe a existencia de material pornográfico para a súa venda, aluguer ou subministración ao alcance do público en establecementos que permitan o acceso a menores, e outra á lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia, que regula a obrigación de apoiar e protexer ás familias e aos seus membros e, en especial, aos nenos e adolescentes.