A Garda Civil intervén varias sustancias estupefacientes nun local de Ordes

Detectáronse un total de 23 infraccións

O Servizo de Intervención Rápida da Garda Civil (SIR) realizou unha inspección administrativa ao establecemento O'Sotano da localidade de Ordes na que se detectaron 23 infraccións e na que se interviñeron sustancias estupefacientes.

Segundo informou este martes o Instituto Armado, a inspección levouse a cabo tras terse recibido información de que o local "carecía de licenzas oportunas para exercer a actividade de cara ao público".

Así, das actuacións derivou a incautación de 9,5 gramos de cocaína distribuídas en doses para consumo directo e seis gramos de haxix, á vez dun total de 23 infraccións.

Entre as infraccións detectadas, a Garda Civil destaca permisividade ao consumo de drogas en establecemento, medidas sanitarias fronte ao tabaquismo, medidas de seguridade, ademais de prevención de bebidas alcohólicas a menores.

Comentarios