A Garda Civil investiga varios bazares chineses do Concello de Ferrol

No operativo participou a Seguridade Cidadá e os Servizos Fiscais co fin de detectar falsificacións e produtos ilegais

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, informou este xoves dunha operación en bazares chineses de Ferrol co obxectivo de detectar falsificacións e produtos ilegais. 

"É unha operación que empezou onte –por este mércores– e continuou hoxe –xoves– en oito establecementos chineses por parte da Garda Civil, Seguridade Cidadá e Servizos Fiscais tanto por roupa como aparellos eléctricos relacionados con Nadal, comida, bebida e calzado", explicou aos xornalistas. 

Tratouse, dixo, de "detectar falsificacións e sobre todo produtos de juguetería e aparellos eléctricos" de iluminación do Nadal "que non cumpran os requisitos de fabricación e seguridade". "Pódese estender a outros sitios", indicou o delegado do Goberno.  

Comentarios