A Policía investiga a unha persoa como responsable dun incendio no Irixo

O home está acusado dun lume que afectou a unha superficie de pouco máis de 0,25 hectáreas

Axentes da Policía Autonómica abriron unha investigación en relación a un home ao que se considera presunto autor dun incendio forestal rexistrado no municipio ourensán do Irixo.

Segundo informou a Xunta, os axentes cren que o home é o causante dun lume ocorrido o 27 de abril no lugar de Nogueiroá, na parroquia de Parada de Labiote, e que afectou unha superficie de 0,27 hectáreas.

O lume produciuse cando o investigado estaba a realizar unha queima de restos agrícolas nunha data na que estaban suspendidas en toda Galicia. Por este feito, instruíronse dilixencias remitidas ao Xulgado de instrución en funcións de garda do Carballiño.

Comentarios