Taxas anuais autonómicas do que vai de ano

A produción industrial medrou en Galicia o 12,9% no mes de xuño

Xunto coa Comunidade galega, os principais incrementos producíronse en Castela-A Mancha (15,2 %) e Madrid (11,3 %). Os maiores descensos foron os de Estremadura (1,8 %), Canarias (1,0 %) e A Rioxa (0,4 %)

A produción industrial creceu en Galicia un 12,9 por cento en xuño respecto ao mesmo mes de 2014, segundo os datos publicados este vernes polo Instituto Nacional de Estadística (INE).


Xunto coa Comunidade galega, os principais incrementos producíronse en Castela-A Mancha (15,2 %) e Madrid (11,3 %). Os maiores descensos, pola súa banda, rexistráronse en Estremadura (1,8 %), Canarias (1,0 %) e A Rioxa (0,4 %).


No conxunto do Estado, a produción industrial creceu o 7,5 por cento en xuño respecto ao mesmo mes do ano anterior, o que supón un incremento de 6,1 puntos respecto da de maio. Corrixido de efectos estacionales e de calendario, o índice de produción industrial (IPI) rexistrou en xuño unha taxa do 4,5 %, 1,3 puntos superior á de maio.


Os índices corrixidos destes efectos presentaron taxas anuais positivas en todos os sectores.


As maiores taxas rexistráronas bens de equipo (10,9 %), bens intermedios (4,1 %) e enerxía (3,4 %). Ademais, a taxa anual do IPI na serie orixinal aumentou en catorce comunidades autónomas. Así mesmo, en xuño a variación mensual do IPI foi do 0,4 %, fronte ao 0,6 % de maio, eliminados os efectos estacionales e de calendario.


Os sectores industriais de bens de consumo duradeiro e bens de equipo presentaron as maiores taxas mensuais positivas (1,7 %). En cambio, os bens de consumo non duradeiro (0,5 %) e bens intermedios (0,4 %) foron os sectores con taxa mensual negativa.
 

Comentarios