Os ladróns entran por unha fiestra dunha casa de Alfoz e furtan uns 3.500 euros

Nunha hora, subtraeron diñeiro e electrodomésticos Un inmoble do Vicedo foi achandado para coller comida

 

Parroquia de Mor, en Alfoz. ÁLVEZ (AMA).
photo_camera Parroquia de Mor, en Alfoz. ÁLVEZ (AMA).

O roubo ocorrido o pasado venres nunha casa de Vilaúde, na parroquia alfocesa de Mor, sobre o que xa informara o pasado xoves este xornal, transcorreu en apenas unha hora, aproveitando unha breve ausencia dos propietarios. Deixáronse unha fiestra aberta, por iso se considera un delito de furto. Os ladróns subtraerían con rapidez 2.200 euros en efectivo, así como tamén varios electrodomésticos, talles como un teléfono móbil, unha videoconsola e un computador, co que as perdas ascenden a uns 3.500 euros.

Coa chegada dos turistas ás súas residencias de veraneo, estes propietarios atópanse, nalgún caso, con que a súa vivenda foi achandada.

Así lles sucedeu aos propietarios dunha segunda residencia no Vicedo, que se atoparon ao seu regreso con que forzaran unha fechadura na parte traseira da casa para levar a comida que había. Cren que a violación tivo lugar nalgún momento entre o mes de abril e este mes de xullo.

Ademais, na parroquia laurentina de San Xurxo, achandaron outra casa e a propietaria, que nun principio non botou nada falta, decatouse logo da falta dun televisor de tamaño medio.

Comentarios