Liberado en Ames tras envorcar o seu coche

O vehículo impactou contra un farol na Avenida de Mahía, en Bertamiráns

Un home foi excarcerado na noite deste xoves en Ames (A Coruña) logo de envorcar o seu vehículo, informou o 112.

O coche impactou contra un farol. O accidente produciuse na Avenida de Mahía, en Bertamiráns.

O home foi liberado polos membros do GES de Brión, informados polo 112. Ata o punto tamén se mobilizou unha ambulancia.

Unha persoa particular alertaba ao 112 Galicia á 1:00 horas desta madrugada. O persoal do Centro de Atención ás Urxencias informou do ocorrido a Urxencias Médicas e aos Bombeiros de Santiago. O sinistro tamén foi posto en coñecemento dos Bombeiros de Boiro, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.

Comentarios