Localizan un cadáver a 19 millas das Illas Sisargas, en Malpica

A Garda Civil investiga a súa identidade e as causas da morte

Salvamento Marítimo recuperou este martes un cadáver a 19 millas das Illas Sisargas, fronte á costa de Malpica, segundo a TVG.

O corpo, que xa foi trasladado a Alvedro, foi localizado pola tripulación dunha embarcación que se atopaba na zona.

A Garda Civil trata agora de identificalo e de pescudar as causas da morte