O 'MacGyver' de Lugo explica o seu dispositivo: "Gústame ser inventor"

"Eu chámoo o patinete frankenstein", declara Adolfo, o creador do viralizado vehículo 

"Algúns me chaman MacGyver porque me gusta traballar estas cousas e a mecánica. Gústame ser inventor pero a partir disto terase que cortar o rolo". Con estas palabras presentouse Adolfo, o lucense que ideou o patinete que deu a volta a España

O home explicou a El Progreso as reviravoltas do particular invento. "Está formado polo motor dunha rozadora de 33 centímetros cúbicos, o manillar e o sillín dunha bicicleta, o chasis fíxeno eu, as rodas e o depósito son dunha minimoto (...) Eu chámoo o patinete frankenstein", resumiu Adolfo.

Comentarios