Maeloc premia a Diego Abal, do Ratiño Pequeno de Bueu, polo seu orixinal cóctel con sidra

Impúxose a dez aspirantes que representaron a locais de hostelería de diferentes puntos de Galicia

Diego Abal Sanmartín, do Ratiño Pequeno de Bueu. EP
photo_camera Diego Abal Sanmartín, do Ratiño Pequeno de Bueu. EP

Maeloc celebrou este martes no Fórum Gastronómico da Coruña o Certame de Mixoloxía que leva o seu nome e que pretende premiar "a imaxinación e a habilidade dos hostaleiros á hora de elaborar diferentes cócteles con sidra". 

Diego Abal Sanmartín, do Ratiño Pequeno de Bueu, impúxose nesta competición fronte aos dez aspirantes representando a locais de hostalería de diferentes puntos de Galicia. 

Todos eles afrontaron diferentes probas nas que se lles pediu que presentasen propostas sorprendentes que contasen con algunha das sidras Maeloc como ingrediente. 

Diego Abal gañou na proba final coa súa 'Paixón Maeloc', un cóctel no que integrou a sidra de fresa Maeloc xunto a vodka e bagazo galego. Como subcampión clasificouse Pablo Gago, de 'Zicatela', na Coruña. 

Abal quixo recordar tras a vitoria ao seu pai recentemente falecido, a quen rende homenaxe a través do nome do local O ratiño pequeno, que fai referencia ao seu alcume familiar. "Veño a divertirme ao concurso e esa é sempre a mellor actitude para gañar", declarou o hostaleiro que asegura que no seu local elaboran "varios cócteles con sidra que se adaptan os gustos galegos e que funcionan moi ben".

Comentarios