Maio arrinca con bo tempo en toda Galicia

O sol brillará este festivo e o tempo seguirá seco ata o domingo

Los gallegos podrán disfrutar de una jornada más de playa
photo_camera Varias persoas na praia. AEP

O sol se alía cos galegos para que poidan gozar dun Primeiro de Maio ao aire libre se así o desexan e brillará con forza durante a tarde deste mércores en case toda a comunidade. O festivo arrincará, no entanto, con nubes baixas ao principio do día, sen descartar brumas matinais na Mariña e sueste de Lugo, pero irán desaparecendo co avance da xornada e quedará o ceo despexado practicamente en toda Galicia. é o preludio dunha tregua que se prolongará polo menos ata o fin de semana, o que permitirá aos afortunados que fagan ponte gozar de varios días de tempo seco e asollado.

En canto ás temperaturas, as mínimas manteranse sen apenas variacións, segundo a Aemet, e as máximas experimentarán unha caída, máis pronunciada en Lugo e no oeste de Ourense.

Polo xeral, Meteogalicia estima que os termómetros oscilarán nas principais urbes galegas entre os sete graos de mínima que se rexistrarán na capital lucense e os 24 de máximas que se alcanzarán en Pontevedra e Vigo.  O contraste térmico será, polo tanto, grande, especialmente na cidade olívica e a Boa Vila, con diferenzas de ata 15 graos entre o momento máis frío e o máis caloroso deste 1 de maio. No caso de Lugo, non se prevé superar os 19 graos en toda a xornada.

Comentarios