domingo. 20.09.2020 |
El tiempo
domingo. 20.09.2020
El tiempo

Máis de 9.000 hectáreas arrasadas na vaga de incendios en Ourense

Unha avioneta lanza auga sobre o incendio forestal que permanece activo en Lobios. BRAIS LORENZO (EFE)
Unha avioneta lanza auga sobre o incendio forestal que permanece activo en Lobios. BRAIS LORENZO (EFE)
Máis dunha ducia de focos seguen activos en varias localidades

Galicia fai fronte a máis dunha ducia de incendios, nunha semana negra, que contabiliza máis de 9.000 hectáreas devoradas polo lume en apenas catro días en tres provincias, a de Ourense que se levou a peor parte, Lugo e Pontevedra, ademais de cuantiosos danos ambientais en espazos protexidos como o Parque Natural do Xurés e o Macizo Central ourensán.

Na actualidade, o groso de efectivos de extinción concéntrase na provincia de Ourense a fin de combater máis dunha ducia de lumes que seguen activos en varias localidades e que afectan, nalgún caso, a espazos de gran valor ecolóxico como son o Parque Natural do Xurés e o Macizo Central ourensán, nos municipios de Lobios e Vilariño de Conso.

No municipio de Vilariño de Conso, do mesmo xeito que en Lobios, o lume supera as 2.000 hectáreas calcinadas e chegou a ameazar a núcleos de poboación, ata o punto de que foi necesario activar este luns a situación dúas de urxencia pola proximidade do lume a dous núcleos da localidade. Nesta localidade, os veciños saíron á rúa con tractores e todo tipo de ferramentas para evitar que o lume entrase nas súas casas.

Pola súa banda, en Río Caldo, en Lobios, con máis de 2.000 hectáreas queimadas, o lume segue devorando ao seu paso hectáreas nesta zona de incalculable valor ambiental, dentro da reserva do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Outros incendios que permanecen activos son os rexistrados en Cualedro (1.380 hectáreas), Chandrexa de Queixa (500 ha); Rairiz de Veiga-Sabariz (300 ha), Vilardevós-Vilar de Cervo (350 ha), Manzaneda-Cernado (450 hectáreas), Manzaneda-Paradela (400 ha), A Mezquita-Cádavos (400 ha) e Montederramo-Gabín (30 ha).

O desolador panorama complétase con incendios de Vilar de Barrio, que suma 700 hectáreas queimadas, A Gudiña (150 ha) e Muíños-Requiás (9 ha no Parque do Xurés) Ribas de Sil, en Lugo (60), e A Pobra de Trives, 50 hectáreas, que se atopan controlados ou estabilizados.

Pola súa banda, a Consellería do Medio Rural deu por controlado na última hora o incendio declarado en Laza-Camba e que afecta a unha superficie provisional de sesenta hectáreas e tamén quedou extinguido o lume de Maceda, con 222 hectáreas afectadas.

En definitiva, máis de 9.000 hectáreas arrasadas desde esta pasada fin de semana en decenas de incendios.

A este respecto, a Xunta apuntou á clara intencionalidade dos incendios posto que "a maior parte" producíronse na noite do sábado e en varios "focos" cunhas condicións climatolóxicas adversas, favorecidos pola calor e o forte vento, que facilitou a súa propagación, tal e como sinalou o conselleiro de Medio Rural, José González, durante as visitas realizadas aos concellos máis afectados.

Con todo, colectivos como a asociación ecoloxista Amigos da Terra e o Sindicato Labrego Galego (SLG) rexistraron un escrito dirixido ao conselleiro para pedir que convoque o Consello Forestal de Galicia con motivo da onda de incendios en Ourense.

Pola súa banda, a CIG urxiu á Xunta de Galicia a cubrir "de forma urxente" as vacantes e as baixas tras cuestionar que o Goberno autonómico siga sen facer "unha verdadeira política preventiva" e sen dotar ao Servizo de Protección de Incendios Forestais de medios "materiais e persoais suficientes" para combater os lumes. 

Máis de 9.000 hectáreas arrasadas na vaga de incendios en Ourense
comentarios