Un mariñeiro de Bueu falece en Canadá nun accidente laboral

José Luis Álvarez, coñecido como 'Pin', tiña 45 anos

José Luis Álvarez. TVG
photo_camera José Luís Álvarez. TVG

O municipio de Bueu chora a perda de José Luis Álvarez, coñecido como Pin. O mariñeiro, de 45 anos, faleceu en Canadá tras sufrir un accidente no seu lugar de nbsp;traballo.&

O mariñeiro recibiu un golpe durante unha manobra a bordo dun barco, no caladoiro de Terranova, na que participaba con varios membros da tripulación, segundo informa a TVG.

Un cable golpeoulle un ombreiro e un brazo e, aínda que nun principio, o incidente non revestía demasiada gravidade, o seu estado de saúde terminou por empeorar a raíz do impacto.