Martín Berasategui ofrece en Galicia a súa receita contra a obesidade infantil
Presenta a campaña 'Eat like a pro' que incide na necesidade de educar os máis pequenos con bos hábitos alimentarios
Con este obxectivo, elaborouse un libro de receitas "para toda a familia", explica o cociñeiro gañador dunha decena de estrelas Michelin, e que son boas desde un punto de vista nutritivo para o crecemento dos nenos. Desta forma, Eat like a pro pretende lograr que os nenos de agora "sexan a primeira xeración en educar aos pais a comer", xa que Berasategui entende que entre os adultos hai xa consolidados hábitos alimenticios máis prexudiciais.
Así pois, nesta responsabilidade quixo incluír tamén ás administracións públicas e ao sistema educativo, xa que sostén que a obesidade é un problema que se debería "atallar desde as escolas" con materias con contido de alimentación, nutrición e dietética. A obesidade infantil é, segundo Berasategui, un "problema de saúde gravísimo" ao que non se lle presta a atención suficiente, a pesar de que afecta a millóns de persoas en todo o mundo.