Caen máis de sesenta litros de choiva por metro cadrado na comunidade

Rexistráronse refachos de vento que superaron os 140 quilómetros por hora

O temporal que azouta Galicia deixou ata o mediodía máis de sesenta litros de choiva por metro cadrado e refachos de vento que superaron os 140 quilómetros por hora.

A comunidade vive unha xornada de alerta amarela por precipitacións, vento e ondada, situacións extremas que quedaron patentes en todos os puntos da xeografía galega. O tope de choiva rexistrouse na estación de Fontecada, no municipio coruñés de Santa Comba, con 63,7 litros de choiva por metro cadrado.

Cerca estiveron as estacións de Muralla, en Lousame, con 56,8 litros por metro cadrado, ou as pontevedresas de Xesteiras, en Cuntis, con 54,8, ou Pontevedra-Campolongo, con 52,8.

A estación de Muralla tivo o refacho de vento máis importante do litoral oeste da comunidade, con 119,6 quilómetros por hora, aínda que a marca estivo en Lardeira, en Carballeda de Valdeorras (Ourense), onde un refacho alcanzou os 1.620 metros de altitude, os 141,2 quilómetros por hora.

Comentarios