Unha masa de aire africano disparará os termómetros na Península, pero non en Galicia

As temperaturas subirán na comunidade galega a próxima semana, aínda que quedarán lonxe dos rexistros do resto do país

Calor, playa, buen tiempo, sol. ANDY RAIN (EFE)
photo_camera Galicia 'sufrirá' só a medias a primeira vaga de calor do verán. ANDY RAIN (EFE)

A entrada de aire moi cálido procedente do continente africano, xunto coas condicións de inestabilidade atmosférica e a forte insolación propia do verán, provocará un aumento das temperaturas a partir do próximo mércores por encima dos 40 graos en diversos puntos da Península, aínda que en Galicia a incidencia será menor.

ZONAS MÁIS AFECTADAS POLO CALOR. Segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet), o termómetro pasará os 35 graos en amplas zonas do interior peninsular, sendo bastante probable que alcancen e incluso superen os 40 graos en áreas do centro, interior da metade sur e cuadrante nordeste.

Os vales do Ebro, Tajo, Guadiana e Guadalquivir serán as zonas máis afectadas por este episodio de calor, podéndose alcanzar ou incluso superar os 42 graos nalgúns puntos, sobre todo no val do Ebro durante o xoves, venres e sábado, mentres que en Baleares espéranse temperaturas próximas aos 35 graos.

Ademais, as mínimas serán tamén significativamente altas, manténdose por encima dos 20 graos en amplas zonas, e incluso poderían non baixar dos 25 graos no interior da metade sur e centro peninsular, val do Ebro e área mediterránea.

GALICIA. Pola contra, zonas como Galicia, así como probablemente Canarias, Asturias e Cantabria, non se verán tan afectadas por esta situación.

A predición apunta a que a máxima se alcanzará en Ourense, onde entre o martes e o mércores o termómetro podería chegar aos 29 graos.

No resto da comunidade, o mercurio non excederá os 25 graos de máxima, un dato afastado aos doutros puntos da Península.

DURACIÓN. Ademais, a Aemet informa de que é posible que as altas temperaturas persistan, polo menos, ata o vindeiro domingo 30 de xuño e non descarta que poidan prolongarse durante os primeiros días de xullo nalgunhas zonas.

Debido á intensidade e duración do episodio, esta situación será cualificada como vanga de calor emitíndose o correspondente aviso especial nos próximos días.

Comentarios