Morre unha persoa ao caer dunha fiestra en Celanova

Os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida deste individuo

Unha persoa faleceu ao precipitarse desde unha fiestra a un patio de luces en cálea Rosalía de Castro da localidade ourensá de Celanova, segundo informou o CIAE 112 Galicia. 

O suceso tivo lugar ao redor das 17.00 horas deste sábado. Logo de recibir o aviso de mans de veciños do inmoble, a central de urxencias puxo o caso en coñecemento de Urxencias Sanitarias 061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense. 

Con todo, os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvar a vida desta persoa. Segundo apunta o 112, axentes da Garda Civil traballan para esclarecer o sucedido. 
 

Comentarios